Preto de 7.000 persoas escoitarán no Revenidas a Ska-P, Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus e Dakidarría

O Salnés
09 de setembro 2023

O festival de Vilaxoán acollerá tamén este sábado 9 os concertos de Nativa, La Élite, The Rapants, Familia Caamagno, Mondra, Lamatumbá, K1ZA, O Rabelo, Me Fritos and the Gimme Cheetos, Kris Kdj e La Duendeneta

Concerto no Revenidas 2023
Concerto no Revenidas 2023 / Revenidas

O recinto do festival Revenidas en Vilaxoán encherase con 6.900 persoas este sábado para acudir a unha xornada apoteósica de actuacións tan destacadas como Ska-P, que ofrece o seu único concerto deste ano. 

Tamén se trata dunha cita na que Rodrigo Cuevas presentará de maneira exclusiva o adianto dos temas de Manuel de Romería, o disco que está previsto que sexa publicado o 22 de setembro.

Dakidarría tamén subirá ao escenario dentro das actuacións do 20 aniversario da banda do Val Miñor, coa participación de máis de cincuenta artistas invitados. O concerto será gravado para posteriormente publicalo cun documental sobre esta agrupación.

Desde as 11.00 horas deste sábado a música non para nesta cita cultural con Duendeneta e manterase ata as 04.00 horas, cando Me Fritos and the Gimme Cheetos ofrezan o seu recital.

Ao longo da xornada soben ao escenario O Rabelo; Heredeiros da Crus; K1Za; Lamatumbá; Mondra; Familia Caamagno; The Rapants; Rodrigo Cuevas, La Élite; Ska-P; Nativa; Dakidarría; Me Fritos and the Gimme Cheetos; ademais de Kris K DJ.

O domingo 10 será xornada de sardiñada popular coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona; La Yaya DJ; unha gala de circo solidaria e Xosé Lois Romero e Aliboria