Primer Dan protagonizará unha noite de música urbana en The Groove House

Pontevedra
21 de xullo 2026

O rapeiro criado no Salnés chega a Pontevedra este venres 24 de xullo para ofrecer un concerto no que "non faltarán a nostalxia o ritmo e a conexión"

Primer Dan, artista que actuará en The Groove House
Primer Dan, artista que actuará en The Groove House /

Un dos referentes do rap clásico en España como é Primer Dan chega a Pontevedra para actuar en The Groove House o vindeiro venres 24 de xullo ás 21:00.

Primer Dan é un artista do xénero "gangsta rap" de raíces africanas e criado no Salnés. O seu debut musical foi no 2007 co disco Mal clima e, aos poucos, converteuse nun dos referentes de toda unha xeración.

Este será o seu primeiro concerto en máis de quince anos na cidade do Lérez, o cal aumenta a expectación sobre un directo pensado "para todos os amantes do rap en estado puro".

Acompañaranlle no escenario o artista de Tarragona Lil Ceto, encargado de abrir o espectáculo coa súa actuación, e DJ Lofiown Music nos mandos do control.

Todos os asistentes poderán gozar dun repertorio composto polos temas máis clasicos xunto ás novas composicións dun artista que continúa consolidando a súa traxectoria.

Faino grazas a un son propio e unhas actuacións cargadas de intensidade e de proximidade ao público.

Doutra banda, Primer Dan convida aos asistentes "a vivir unha lenda musical na que non faltarán a nostalxia, o ritmo e a conexión que caracteriza a cada un dos seus directos".

O prezo das entradas é de dez euros e desde a organización animan ao público a adquirilas con suficiente antelación para non perderse o concerto.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora