O festival Revenidas de Vilaxoán deu a coñecer o horario dos concertos cos que prometen grandes emocións entre os días 12 e 15 de setembro en Vilaxoán.
Ademais a organización do evento musical anunciou os concertos a bordo do barco Chasula navegando pola ría de Arousa, con pequenos recitais en formato acústico para un máximo de 12 persoas (entradas a 30 euros á venda o sábado 31 de agosto ás 12.00 horas), e unha gala de circo solidaria.
En concreto os concertos a bordo estarán protagonizados o sábado 14 de setembro por Mondra (saída do porto de Vilaxoán ás 13.00 horas), Lontreira (15.00 horas) e Catuxa Salom (17.00), mentres que o domingo 15 será a quenda de Monoulious Dop (13.00 horas), Sés (15.00) e Fillas de Cassandra (17.00).
No que respecta a a gala de circo solidaria, dedicada ao pobo palestino, terá lugar o domingo 15 a partir das 17.30 horas con entrada de balde (do mesmo xeito que os concertos e sardiñada do propio domingo). A gala contará con espectáculos de rúa de Peter Punk; a actriz e narradora Cris Collazo; N+1, proxecto persoal do clown Alfredo Pérez Muíño; da actriz, trapecista e bailarina Sue Moreno; do Mago Noel; e do dúo Jack Jhonson e Jhon Jackson.
O festival Revenidas 2024 contará con grupos da talla do Kanka, Lendakaris Muertos, The Rapants, Tanxugueiras, La pegatina ou Muchachito Bombo Infierno, entre outros, cos seguintes horarios:
XOVES 12 DE SETEMBRO
- 18.00: Duendeneta
- 18.30: Vértebras (Escenario Vibra Mahou)
- 19.20: The Tyets (Escenario Galicia)
- 20.30: Balkan Paradise (Escenario Vibra Mahou)
- 21.30: Duendeneta
- 22.00: Lendakaris Muertos (Escenario Galicia)
- 23.20: Mafalda (Escenario Vibra Mahou)
- 00.25: Muchachito Bombo Infierno (Escenario Galicia)
- 01.50: Trashtucada (Escenario Vibra Mahou)
- 02.50: Dakidarría (Escenario Galicia)
VENRES 13
- 17.00: Duendeneta
- 17.30: ETS (Escenario Galicia)
- 18.30: García MC & Nación Quilombo (Escenario Vibra Mahou)
- 19.30: Fillas de Cassandra (Escenario Galicia)
- 20.45: Lontreira (Escenario Vibra Mahou)
- 21.35: Duendeneta
- 22.00: La Pegatina (Escenario Galicia)
- 23.40: Miss Bolivia (Escenario Vibra Mahou)
- 00,50: Narco (Escenario Galicia)
- 02.05: Muyayo Riff (Escenario Vibra Mahou)
- 03.05: Serial KillerZ (Escenario Galicia)
SÁBADO 14
- 11.00: Duendeneta
- 11.30: Catuxa Salom (Escenario Vibra Mahou)
- 12.30: Talco (Escenario Galicia)
- 13.45: Duendeneta
- 14.15: Xabi Sarrià (Escenario Vibra Mahou)
- 15.20: The Rapants (Escenario Galicia)
- 16.25: Los Niños Jesús (Escenario Vibra Mahou)
- 17.30: Tanxugueiras (Escenario Galicia)
- 18.50: Guadi Galego (Escenario Vibra Mahou)
- 20.00: El Kanka (Escenario Galicia)
- 21.20: Duendeneta
- 21.50: La Fúmiga (Escenario Vibra Mahou)
- 23.00: Dubioza Kolektiv (Escenario Galicia)
- 00.30: Lágrimas de Sangre (Escenario Vibra Mahou)
- 01.50: Rebeliom do Inframundo (Escenario Galicia)
- 03.00: Loita Amada (Escenario Vibra Mahou)
- Fin de Festa: La Yaya Dj (Escenario Galicia)
DOMINGO 15
- 12.00: Os Terribles de Arousa (Parque Dona Concha)
- 13.00: Uxía Lambona e A Banda Molona (Escenario Deleite)
- 13.30: Sardiñada Turismo Rías Baixas (Parque Dona Concha)
- 15.30: Mekanika Rolling Band (Parque Doña Concha)
- 17.30: Gala de circo solidaria (Escenario Deleite)
- 19.45: Caamaño & Ameixeiras (Escenario Vibra Mahou)
- 21.00: De Ninghures (Escenario Vibra Mahou)