"Qué asco das", o adianto do cuarto disco dos pontevedreses Malkeda

Pontevedra
25 de decembro 2023

Nove temas compoñerán o cuarto disco da banda pontevedresa Malkeda, que lanzarán a principios de 2024. Pero para abrir boca xa presentaron un primeiro adianto deste novo traballo musical

A banda pontevedresa Malkeda
A banda pontevedresa Malkeda

Nove temas compoñerán o cuarto disco da banda pontevedresa Malkeda, que lanzarán a principios de 2024. Pero para abrir boca xa presentaron un primeiro adianto deste novo traballo musical.

Trátase de Qué asco das, unha canción que trata sobre a dualidade das persoas e de como se deben enfrontar a si mesmas, levando ao individuo a unha loita entre as súas dúas personalidades, ao límite da súa saúde mental.

O disco foi producido por Iago Lorenzo, quen aconsellou e guiado á banda polo camiño da evolución e o cambio de estilo que realizan agora, tras máis de vinte anos de carreira artística. Iso si, sen abandonar o metal que lles fixo coñecidos.

Foi gravado nos estudos Planta Sónica 2 de Vigo e masterizado en Alemaña polo prestixioso Robin Schmidt, dos estudos 24-96.

O videoclip de Qué asco das, como é habitual, foi gravado e editado polos propios membros de Malkeda, coa axuda de Eduardo Quintela como cámara.