Afundación inicia unha nova tempada do seu programa 'Quedamos no palco, quedamos coa clásica', unha proposta que ten como obxectivo achegar a música clásica a estudantes de ESO e bacharelato e á mocidade en xeral.
O público pode asistir aos concertos a cambio de entregar produtos non perecedoiros dentro dunha campaña solidaria "Cultura por alimentos" para contribuír coa Federación Española de Bancos de Alimentos e incrementar os recursos desta entidade en Galicia.
Os recitais realizaranse na Sede Afundación de Pontevedra situada na praza de San José, en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Pontevedra.
O venres 28 de abril a directora Nil Venditti será a encargada de ofrecer un concerto con pezas de Louise Farrenc, Puccini e Mendelssohn á fronte da Real Filharmonía de Galicia.
O xoves 1 de xuño será a directora Catherine Larsen-Maguire quen lidere á Orquestra Sinfónica de Galicia e ao dúo de solistas de piano Lucas e Arthur Jussen nun recital integrado por obras de Vaughan Williams, Rouken e Elgar.
Ambas as sesións celebraranse ás 20.30 horas.