Quique San Francisco, Concha Velasco, Carlos Latre e Andrés Suárez, en outono no Pazo da Cultura

Pontevedra
10 de xullo 2016

Está prevista unha ampla programación para o último trimestre do ano con diversas propostas culturais con espectáculos teatrales y musicales

Quique San Francisco
Quique San Francisco / Una noche con Enrique San Francisco

O Pazo da Cultura acollerá tres concertos musicais no último trimestre deste 2016 dentro da programación que está a elaborar a concellería de Cultura. Os artistas seleccionados son:

Andrés Suárez: 16 de setembro.

De Vacas: 2 de outubro

Los Secretos: 4 de novembro

A eles hai que sumar os espectáculos de coñecidos monologuistas:

Noites de Retranca: 8 de outubro

Quique San Francisco: 15 de outubro

Carlos Latre: 11 de novembro

A esta programación súmase Ponteatro no Teatro Principal con algúns dos mellores espectáculos teatrais de compañías galegas. Por outra banda, o Pazo da Cultura seguirá ofrecendo destacadas montaxes teatrais do panorama español como 'Reina Juana', protagonizado por Concha Velasco e 'La asemblea de las mujeres', interpretada por actrices famosas como Lolita e Pastora Vega. Tamén se inclúen os espectáculos de danza: 'Foot-ball' do coreógrafo Cesc Gelabert e 'As catro estacións' do Centro Coreográfico Galego. O prezo dos abonos é de 42 euros e o das entradas individuais oscila entre os 10 e os 18 euros e xa se poden adquirir en Ataquilla.

Tamén se poñerá en marcha a segunda edición do Festival das Cóxegas con funcións destinadas ás familias con este programa:

‣ Domingo 6 de novembro. 18.30h: 'El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide' de El espejo negro. Teatro e monicreques a partir de 5 anos

‣ Domingo 13 de novembro. 18.30h:'Des Hábitat' de Vaivén Circo. Espectáculo familiar que combina circo, teatro e danza a partir de 4 anos.

‣ Domingo 20 de novembro. 18.30h: '¿Cuál es mi nombre?' de Da T Danza. Espectáculo familiar de danza a partir de 2 anos.

‣ Domingo 27 de novembro. 18.30h: 'Amour' de Marie de Jongh-Tartean Teatro e Teatro Arriaga. Espectáculo de teatro familiar recomendado a partir de 7 anos.