RADIO.- A playlist de... Cantos na Maré por Uxía

Pontevedra
13 de outubro 2018

Uxía, a cantante renovadora da música tradicional galega, traza un percorrido musical pola presente edición de Cantos na Maré para A playlist de PontevedraViva Radio

A cantante Uxía, productora artística de Cantos na Maré, na Playlist
A cantante Uxía, productora artística de Cantos na Maré, na Playlist / Mónica Patxot

Nesta Playlist hai un discorrer paralelo entre a traxectoria profesional da cantante galega Uxía e as culturas que se conxugan no Festival Cantos na Maré que se ofrece en Pontevedra ata o domingo 14. A artista mosense, directora artística do evento, fai unha selección desta mestura de lusofonías que están a subir e van subir ao escenario estes días.

A alma viaxeira da cantante -considerada como a gran dama da canción galega, así como a renovadora da música tradicional galega- lévalle a falar en PontevedraViva Radio de todos estes artistas como amigos, compañeiros que na súa viaxe profesional e tamén persoal sumáronse ao seu compromiso co diálogo entre culturas, a mestizaxe, a defensa das identidades lingüisticas ou a reivindicación do espazo da muller.

Fala ademais como directora artística de Cantos na Maré. Lembra perfectamente a noite daquel agosto de 2003 en que o festival celebrou a súa primeira edición na praza da Ferrería. Agora neste 2018, ofrécese unha edición renovada, máis ambiciosa, incluíndo máis espazos que o musical: cinema, talleres, roteiros, gastronomía, performances, contacontos... coa intención tamén de chegar a un público máis amplo.

A Playlist ábrese para os cantos que chegan de distintos recunchos do Atlántico.