RADIO.- Amantes da lectura, aquí un nome para ter en conta: Leopoldo Salinas

Pontevedra
17 de maio 2024

É enxeñeiro industrial. Traballa no ambito financeiro. É vallisoletano, residente en Madrid e acaba de publicar 'El tiempo vencido'. Charlamos con Leopoldo Salinas no 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio. Un autor ao que é recomendable seguir a pista

'El tiempo vencido' é a novela que asina Leopoldo Salinas
'El tiempo vencido' é a novela que asina Leopoldo Salinas / PontevedraViva - Hugo G Pecellin

Que fai un enxeñeiro industrial de Valladolid, - que ademais traballa no mundo financeiro -, escribindo unha novela ambientada na Mallorca de comezos do século XX?. Ten unha resposta, e dánola Leopoldo Salinas ao comezo da charla que mantemos con el no podcast 'Cara a cara' con motivo da publicación da súa novela 'El tiempo vencido'

Falamos co escritor e falamos co Leopoldo lector, que precede e anteponse ao autor, di. Interésanlle os heroes cansos e involutarios. Eses heroes aos que a vida escolle para tales mesteres e non os "figurines" que se proclaman para ese fin.

E ese tipo de heroes desenvólvense nesta novela, como o principal nome da mesma, Felipe Neudorf, quen regresa á súa Mallorca natal tras combater co exército autrohúngaro na Primeira Guerra Mundial xunto ao seu padriño Mateo de Babenburg. 

Neudorf, de regreso á illa balear quere poñer luz á acusación que pesa sobre o seu padriño desde que abandonaron Mallorca: a morte de Catalina Horrach e que fai que o recibimento no seu lugar de orixe estea cheo de mentiras, desprezos e silencios.

Para quen se achegue á lectura de  'El tiempo perdido', unha advertencia, a presenza dun personaxe feminino que encandea desde as súas primeiras liñas e que como descobre Leopoldo Salinas, é o alter ego dunha persoa real.

Un debut literatio de recomendable lectura. Debut con editorial, xa que Salinas autoeditó a súa primeira novela, 'Y a lo lejos una luz'.

O podcast pódese descargar e escoitar desde a web de PontevedraViva Radio e igualmente está dispoñible para a súa escoita desde a ligazón que se adxunta.