As series 'Fariña', 'Vivir sin permiso' e a película 'La sombra de la ley' teñen algo en común: Pontevedra como emprazamento de rodaxes. En maior ou menor grao a cidade do Lérez foi elixida polas súas produtoras e no que respecta á longametraxe de Dani de la Torre desde este xoves 11 xa se pode ver nas pantallas comerciais españolas.
Previamente, a primeira proxección con público tivo lugar no Teatro Principal desta capital. Nesa velada de alfombra vermella estivo o xornalista de PontevedraViva, Alejandro Espiño, que nos conta nestas Conversas na Ferrería como discorreu o evento e a sobresaliente acollida que o público asistente tivo tras a exhibición da película.
Tivo ocasión ademais de charlar cos dous protagonistas de 'La sombra da ley', Michelle Jenner e Luís Tosar; co pai de Jenner nesta ficción, Paco Tous; co actor revelación da metraxe, o galego Fredy Leis e igualmente co director Dani de la Torre.
Así que escoita o podcast de PontevedraViva Radio e coa lección aprendida, ao cinema.