RADIO.- Gonzalo Martínez: "Neste país o ensino de música practicamente non existe"

Pontevedra
01 de febreiro 2018

Cantos mozos, ou non tan novos, lembran ao mestre García Asensio, a Fernando Argenta ou Ara Malikian? A case ausencia da música na Educación ou de propostas divulgativas levan a que a poboación máis nova senta desapego cara á música clásica. Circunstancia que constanta o presidente da Sociedade Filarmónica de Pontevedra, Gonzalo Martínez, en PontevedraViva Radio

Gonzalo Martínez no Cara a Cara
Gonzalo Martínez no Cara a Cara / Mónica Patxot

A Sociedade Filarmónica de Pontevedra é unha das escasas entidades deste tipo que aínda perviven en cidades españolas. Fundada en febreiro de 1921 conta actualmente cuns trescentos socios, en moi escasísimo número persoas novas.

O motivo da pouca afinidade e aproximación da música clásica á poboación de menos idade expono Gonzalo Martínez Lourido, presidente da sociedade, no Cara a cara de PontevedraViva Radio.

Na charla que mantemos con el facemos un pouco de historia preguntando como e quen fundaron a Sociedade Filarmónica e con que obxectivos.

Percorremos as diferentes sedes que tivo e as perdas materiais que a Filarmónica tamén repercutiu co incendio do antigo Teatro Principal. Neste renovado teatro continúa estando a súa oficina, onde ademais consérvase o piano dos socios fundadores adquiriran nos anos 20.

Igualmente facemos referencia a persoas que tiveron e seguen tendo un nome propio na entidade, como o dun dos seus presidentes de honra, José Luis Fernández Sieira, que en palabras de Gonzalo Martínez "foi o modernizador da sociedade". E falando de modernizar, a súa imaxe na internet, será renovada para a próxima tempada.

Musicalmente, o próximo evento ten data para o 27 de febreiro con The Brahms Project, que recala en Pontevedra na súa xira europea.