O sábado 17 de marzo, a Sociedade Filarmónica de Pontevedra, ofrecerá un novo concerto no Teatro Principal destinado aos seus socios. Estará protagonizado polo Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Joan Company, en colabración coa pianista Ludmila Orlova.
O concerto comezará as 20.30 horas e nel os socios poderán gozar de máis de setenta voces procedentes de toda Galicia.
O coro da OSG desarrollou unha intensa actividade artística centrada nos repertorios sinfónico-coral, operístico e a capella.
No concerto do sábado, os asistentes poderán escoitar obras de John Rutter, Maurice Duruflé, Felix Mendelssohn, Javier Fajardo, Javier Busto e Gabriel Fauré.
Algunha das obras será interpretada con acompañamento de piano, como o famoso Requiem de Fauré, que pechará o concerto.