RADIO.- Trilitrate volve co seu terceiro disco que 'Está de grelo'

Pontevedra
20 de maio 2021

O grupo pontevedrés Trilitrate acaba de presentar un adianto do seu terceiro disco que leva por título 'Está de grelo' e que interpretan no 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio

Marcos Padrón, Elena Vázquez e Rubén Abad de Trilitrate
Marcos Padrón, Elena Vázquez e Rubén Abad de Trilitrate

'Está de grelo' é o terceiro traballo discográfico do grupo pontevedrés Trilitrate e que presentaron este pasado 14 de maio. Nestes escasos días a acollida está "a funcionar moi ben, está a gustar" como comentan tres dos seus catro integrantes no podcast do 'Cara a cara'.

Elena Vázquez é a violinista da formación; Marcos Padrón, acordeonista e Rubén Abad, é o guitarrista.

'Está de grelo' se viu demorado practicamente un ano pola tediosa pandemia e cinco anos despois do anterior, 'Frutal death', editado en 2016. Un novo disco que soa a diferentes raíces, a música sen fronteiras e con múltiples identidades. "Nunca pensamos nun estilo en concreto" comentan e o resultado é, xunto á súa formación musical, o resultado de todo o que lles gusta e escoitan.

A axenda de concertos empeza a activarse, dentro e fóra de Pontevedra. Avanzan que a mediados de xullo actuarán en Portugal e en Francia a comezos de agosto, onde a cita tamén será outra estrea, o da banda sonora que puxeron a un documental para a Association Bayonnaise Catach á que coñeceron no festival de Saint Martin de Seignanx.

Montse Piñeiro, a cuarta integrante do grupo, que asume o deseño e a parte visual, é a responsable de que este disco poida conter algo inédito: un libriño de receitas de grelos. E para completar, traen unha " festa rachada" en directo. Trilitrate interpretan en PontevedraViva Radio 'Saturnais'.