RADIO.- Unha novela negra ao redor dun feito real: a misteriosa morte da actriz Sandra Mozarowsky

Pontevedra
09 de novembro 2021

'Impunidad' é unha novela negra na que un mozo fiscal penétrase nun feito real: a escura morte da actriz do chamado 'destape', Sandra Mozarowsky. Falamos en PontevedraViva Radio sobre este segundo libro do avogado sanxenxino Carlos Quintía

O avogado Carlos Quintía fala de 'Impunidad' en PontevedraViva Radio
O avogado Carlos Quintía fala de 'Impunidad' en PontevedraViva Radio

Acompaña este podcast do 'Cara a cara' un avogado sanxenxinoCarlos Quintía Celaya. Leva máis de dúas décadas exercendo esta profesión, sendo ademais perito calígrafo e detective'Impunidad' leva no mercado editorial desde primavera e o pasado outubro fixo a súa presentación en Pontevedra.

Non é a súa primeira publicación, xa a finais dos 90 editou unha biografía sobre o pioneiro galego da aviación José Piñeiro con 'El vuelo de la gaviota'. Agora con 'Impunidad' penétrase no xénero da novela negra.

Crimecorrupción e referencias a unha muller real, ou máis exactamente aos interrogantes que persisten sobre as causas que rodearon a morte da actriz do chamado 'destape', Sandra Mozarowsky no Madrid de 1977, con dezaoito anos. Os titulares da época falaban dun fatal accidente desde a terraza do seu apartamento que días despois derivou no seu falecemento.

Investigacións, declaracións e publicacións posteriores descartaban un fortuíto percance. Co tempo transcendían circunstancias persoais como unha aventura co entón Rey, o feito de que estivese embarazada cando morreu, ou unha posible entrevista cunha publicación estranxeira para falar da súa vida. O que nunca foi posible sacar á luz foi o documento da súa autopsia. Nesas e outras vimbias enrédase o mozo fiscal protagonista de 'Impunidad' ao incorporarse ao seu novo posto.

Quintía tiña a idea desta novela na súa cabeza e durante o confinamento pandémico comezou a súa escritura. Durante dous meses e medio, "sen unha mañá nin unha tarde libre", encomendouse a estas tarefas, lembra en PontevedraViva Radio. Aproveitamos para charlar sobre como se imparte xustiza, como funciona a xustiza ou canta impunidade prodúcese nesta sociedade.