O rapero Al Safir animará Monte Porreiro o 5 de agosto

Pontevedra
04 de xullo 2026

Al Safir formará parte do cartel de Urbana Monte Porreiro, segundo confirmou o Concello de Pontevedra. Súmase así ao artista galego 9Louro, anunciado xa hai uns días

Al Safir

O ciclo musical Urbana Monte Porreiro, incluído nas Festas de Verán de Pontevedra, reforza o seu cartel cunha das voces máis destacadas do panorama urbano actual.

Trátase do rapeiro Al Safir, que actuará no miradoiro de Monte Porreiro o mércores 5 de agosto, segundo confirmou o Concello de Pontevedra.

Súmase así ao artista galego 9Louro, anunciado xa hai uns días.

Como o resto das actuacións musicais incluídas nas Festas de Verán, o recital de Al Safir será de acceso libre e entrada gratuíta.

Diego Izquierdo, coñecido artisticamente como Al Safir, é un rapeiro e compositor orixinario da serra de Madrid, onde naceu no ano 1995.

Cun enfoque musical innovador e un son único, consolidouse como unha das grandes promesas do rap underground en España.

A súa habilidade para mesturar líricas crúas con mensaxes profundas sitúao como unha figura destacada no panorama nacional.

Artista en constante evolución e cunha visión auténtica e crúa da música, editou este ano o seu terceiro disco, un traballo titulado Príncipe.

Nel, entra en novos sons como o flamenco ou o trap con tinguiduras de reggaeton e demostra facetas máis melódicas en varios estribillos.