Recital da Orquestra Sinfónica de Pontevedra para estrear o ano con boa música

Pontevedra
02 de xaneiro 2023

O Pazo da Cultura acolleu este domingo 1 de xaneiro o tradicional Concerto de Aninovo a cargo da Orquestra Sinfónica de Pontevedra baixo a batuta da murciana Isabel Rubio, actualmente directora asociada da Orquestra Vigo 430 e a Nova Orquestra Sinfónica de Granada.  

Concerto de Aninovo da Orquestra Sinfónica de Pontevedra Mónica Patxot

O Pazo da Cultura acolleu este domingo 1 de xaneiro o tradicional Concerto de Aninovo a cargo da Orquestra Sinfónica de Pontevedra baixo a batuta da murciana Isabel Rubio, actualmente directora asociada da Orquestra Vigo 430 e a Nova Orquestra Sinfónica de Granada.  

No escenario do Auditorio a Sinfónica contou nesta ocasión cuns colaboradores especiais: a agrupación folclórica estradense Tequexetéldere e o solista Suso Vaamonde.

O concerto incluíu unha primeira parte con música galega, sempre presente nos concertos da Sinfónica pontevedresa, e unha segunda parte coas clásicas composicións da familia Strauss, pero "á galega" grazas á adaptación que Juan Lois fixo dos valses e polcas para poder ser interpretadas con zanfona, gaita, charrasco, ocarinas, entre outros instrumentos con raíces galegas. 

Precisamente este domingo coñeceuse o falecemento do compositor galego Rogelio Groba no seu domicilio da Coruña aos 92 anos. O músico nado en Ponteareas era autor dun extenso catálogo musical, foi profesor de varias xeracións de compositores, promotor dos conservatorios galegos e de institucións como a Orquestra Sinfónica de Galicia.