Un repaso á historia da arte no Mercado desde unha perspectiva feminista

Pontevedra
17 de xuño 2025

A exposición 'De Eva a Maruxa' inaugurouse este martes no Mercado de Abastos de Pontevedra. Poderá visitarse até o día 10 de setembro

Exposición 'De Eva a Maruxa' no Mercado
Exposición 'De Eva a Maruxa' no Mercado / Mónica Patxot

A primeira planta do Mercado de Abastos acolle desde este martes 17 de xuño unha exposición moi especial.

Trátase da mostra 'De Eva a Maruxa', impulsada polo Consello Municipal da Muller Nova e coordinado pola concellaría de Igualdade.

Esta realizada integramente tanto no seu deseño como en contidos por alumnado e profesorado de centros de secundaria (CIFP, IES e CPR) do municipio xunto á escola O Garaxe Hermético.

Nela faise un repaso á historia da arte desde unha perspectiva feminista.

A exposición mostra as conclusións do traballo realizado durante todo o curso nas aulas para ofrecer unha mirada igualitaria sobre a arte.

Faio a través de 24 paneis, 12 xogos interactivos e outras estruturas complementarias que fan un percorrido pola relación das mulleres coas distintas formas de expresión artística.

En 'De Eva a Maruxa' están representadas 225 mulleres artistas e 142 cadros.

Esta exposición poderá visitarse no Mercado até o dúa 10 de setiembre, cando coincidindo co inicio do curso escolar 2025-2026 comezará unha ruta itinerante polos centros educativos que participaron.