Rick Estrin & the NightCats, primeira incorporación do Festival de Jazz e Blues

Pontevedra
14 de xuño 2024

O Concello de Pontevedra, a través das súas redes sociais, desvelou a data e o nome dun dos grupos que formará parte da 30ª edición do Festival Internacional de Jazz e Blues. Trátase da banda estadounidense de blues Rick Estrin & the NightCats, formada en 2008 tras a disolución de Little Charlie & The Nightcats

Rick Estrin & the NightCats
Rick Estrin & the NightCats

O Concello de Pontevedra, a través das súas redes sociais, desvelou a data e o nome dun dos grupos que formará parte da 30ª edición do Festival Internacional de Jazz e Blues.

Trátase da banda estadounidense de blues Rick Estrin & the NightCats, formada en 2008 tras a disolución de Little Charlie & The Nightcats. Estrin colleu a remuda como líder e subirá ao escenario que se instalará na Praza da Ferrería o mércores 7 de agosto.

Rick Estrin naceu en San Francisco en 1949. Aos 12 anos a súa irmá regaloulle un disco de Ray Charles e foi a partir dese momento cando empezou a interesarse polo Blues e pola harmónica, instrumento que o acompaña desde os 15 anos. De feito, o estadounidense é considerado o mellor armonicista branco da actualidade xunto a Charlie Musselwhite.

Nas súas filas están o guitarrista e produtor Kid Andersen, D´Mar á batería (batería de Little Richard durante 14 anos) e o baixista e teclista Lorenzo Farrell.

Entre os seus recoñecementos destacan o premio como Banda do ano nos Blues Music Awards de 2018 e 2021 e varios nomeamentos aos Grammy.