Urbana Monte Porreiro 'ficha' o rapeiro Foyone para a súa edición deste ano

Pontevedra
17 de xuño 2024

El é o primeiro artista confirmado para Urbana Monte Porreiro, que volverá reunir no miradoiro do barrio aos principais nomes da escena urbana galega e española

Foyone
Foyone / Taste the Floor

Urbana Monte Porreiro volverá ser unha das grandes apostas das Festas de Verán de Pontevedra

Farao contando cun dos rapeiros máis relevantes dentro do panorama nacional. Trátase do malagueño Foyone, que actuará neste ciclo o 7 de agosto.

El é o primeiro artista confirmado para Urbana Monte Porreiro, que volverá reunir no miradoiro do barrio aos principais nomes da escena urbana galega e española.

Foyone é un rapeiro que empezou no 2011 cos icónicos Rap Sen Corte, saga coa que rapidamente conseguiu o recoñecemento do mundo do hip hop.

Desde entón editou oito discos de estudo, o máis recente Demoni (2024), no que desafía ás convencións e redefine a escena do rap. 

O seu regreso, tres anos despois do seu anterior álbum, supón un salto artístico e estético na súa carreira. Factura un álbum conceptual, que simboliza a desesperante procura do éxito nunha sociedade que nos enfronta aos nosos propios demos.