Este martes 6 de agosto, o parque do Miradoiro de Monte Porreiro acolleu os primeiros concertos dentro do ciclo Urbana Monte Porreiro.
O escenario foi ocupado por Xavibo e Soulmacklein, dúas figuras destacadas da música urbana que lograron encender o público desde o primeiro momento.
Xavibo, o mallorquino que se atopa presentando o seu novo traballo 'Papel de burbujas', abriu a noite cunha mestura de hip-hop e sons urbanos que destacaron pola súa enerxía e frescura.
A continuación, chegou o momento de Soulmacklein, quen protagonizou un dos momentos máis emocionantes desta primeira xornada.
O artista pontevedrés, ex-compoñente do grupo Delahoja, aproveitou a ocasión para reunir a varios dos seus antigos compañeiros nunha xuntanza que fixo as delicias dos máis nostálxicos.
Soulmacklein presentou temas do seu recente E.P., así como adiantos do seu próximo traballo previsto para 2025. O público respondeu creando unha atmosfera de conexión e festivo.
O ciclo Urbana Monte Porreiro continuará o mércores 7 de agosto coa actuación de Foyone e Vértebras, ofrecendo unha nova noite de música urbana de calidade.