Rosario Flores triunfa na Praza de España: "yo ya sabía que vosotros erais de ley"

Pontevedra
13 de agosto 2025

A artista celebrou 33 anos de carreira ante unha Praza de España desbordada de público e a programación das festas continúa este mércores 13 coa Batalla de Flores

Concerto de Rosario Flores
Concerto de Rosario Flores / Mónica Patxot

Rosario Flores triunfou este martes 12 na Praza de España de Pontevedra, na cuarta noite das Festas da Peregrina, e subiu ao escenario puntualmente ás 22:30 horas.

Durante o concerto, dirixido a un público de todas as idades que encheu a praza e estendíase polas rúas Michelena e Riestra.

A gañadora dun Grammy Latino agradeceu o apoio dos seus seguidores durante 33 anos de traxectoria profesional "con cariño y amor por parte de vosotros. Muchísimas gracias. Yo ya sabía que vosotros erais de ley, ¿a qué sois de ley? venga, esas palmas", arrancando con enerxía e coa súa característica voz.

A artista ofreceu máis dunha hora e media do seu repertorio dentro da xira "Universo de Ley", na que inclúe temas tan populares como "Mi gato", "Como quieres que te quiera", "No dudaría", escrita polo seu irmán Antonio Flores, "De ley" e "Ay, mamasota".

Todos estes temas inclúense no seu último álbum publicado a finais de 2024 con colaboracións de artistas como Alejandro Sanz, Malú, Niña Pastori, Maná, Ketama ou Fito Páez.

As Festas da Peregrina continúan este mércores 13 cunha cita central, a Batalla de Flores, e con toda esta programación polas rúas e prazas da cidade:

  • 11:15 h: Actuación do grupo Os Alegres polas prazas e rúas da cidade.

  • 12:00 h: Pasacalles a cargo da charanga Mil9, zona da Parda.

  • 19:00 h: Batalla de Flores (Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac, Padre Amoedo).

  • 21:00 h: Festa infantil: A Festa Escénica do Circo das Estrelas — Praza de España.

  • 22:30 h: Picoco’s Band na Praza da Ferraría.

  • 22:45 h: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Dinastía.