O día 1 de marzo ás 21:00 horas, o Rotary Club Pontevedra realiza unha gala de Entroido solidaria no Hotel Galicia Palace.
O evento ten como obxectivo recadar fondos para axudar as persoas afectadas pola DANA en Valencia.
No acto, realizarase unha tradicional laconada, e os asistentes deberán asistir disfrazados debido á celebración do Entroido.
A gala forma parte das actividades benéficas que a organización desenvolve con motivo da Semana de Rotary, entre as que tamén se atopa unha andaina solidaria con ruta guiada por Pontevedra.
Esta realizarase días antes da cea, o día 23 de febreiro, e o diñeiro recadado tamén se destinará aos damnificados pola DANA.
A iniciativa busca compartir cos participantes a historia e o patrimonio da cidade do Lérez, ao mesmo tempo que se colabora cunha causa humanitaria.
Para poder asistir a ambos os eventos é necesario inscribirse a través de eventos@rotarypontevedra.es.
A fundación Rotary Club Pontevedra, que organiza estas actividades, é unha organización sen ánimo de lucro dedicada a desenvolver diferentes actividades solidarias en Pontevedra.
Forma parte dun grupo de clubs de servizo á comunidade internacionais, e ten o fin de recadar e dar apoio a distintas asociacións benéficas da cidade.