Santiago Auserón, artista convidado no Festival Cantos na Maré

Pontevedra
05 de xaneiro 2017

O artista zaragozano é o último artista que se incorpora ao cartel do Festival Internacional da Lusofonía que terá lugar o 14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Santiago Auserón La Huella Sonora

Santiago Auserón, o que fora líder de Radio Futura e unha das figuras máis representativas da música española na década dos 80, será o artista convidado á edición de Cantos na Maré deste ano, que se desenvolverá o 14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Este compositor foi a gran sorpresa para esta cita do Festival Internacional da Lusofonía. O zaragozano está a promocionar o seu último disco 'El viaje', sétimo álbum asinado como Juan Perro. Trátase dun traballo nas que busca o núcleo no que o canto xermina e conta con temas como 'Os inadaptados' inspirado na última película de Marilyn Monroe, 'The Misfits'. 

Auserón recolle influencias afro-norteamericanas combinándoas coa tradición afrolatina, principalmente cubana, e coas músicas ibéricas. 

Cantos na Maré, ademais de Santiago Auserón, ofrecerá algunhas das voces máis significativas do panorama lusófono: o angolano Paulo Flores, o guineano Manecas Costa, a brasileira Kátya Teixeira, a portuguesa Celina da Piedade e a galega Guadi Galego.  Este luns 9 comezan os ensaios coa presenza dos artistas e as visitas de estudantes de colexios da comarca.

As entradas para o Festival xa poden adquirirse a través de Ataquilla a prezos entre 20 e 28 euros.