Sanxenxo percorrerá a obra de Xela Arias no acto central das Letras Galegas

Sanxenxo
15 de maio 2021

O Pazo de Emilia Pardo Bazán acollerá este domingo, a partIr das 20 horas, a proxección do filme María Solinha dentro do programa Sanxenxo Fala. Maio 2021

Actuación do grupo Soalleira no concurso de música tradicional Asociación Cultural Soalleira de Dorrón

Sanxenxo realizará un percorrido pola obra e figura da escritora Xela Arias no acto central da Letras Galegas que terá lugar na Praza de Pascual Veiga, ás 12 horas, o vindeiro luns 17 de maio. En caso de choiva, trasladarase á Sala Nauta. 

A concelleira de Cultura, Paz Lago realizará unha pequena reseña da autora para dar paso á lectura de fragmentos da súa obra. Abiñadoira pechará o acto coa interpretación do himno galego.

Un día antes, este domingo 16 de maio, o Pazo de Emilia Pardo Bazán acollerá, a partIr das 20 horas, a proxección do filme María Solinha dentro do programa "Sanxenxo Fala. Maio 2021". Actividade coa que se trata de promocionar e dar a coñecer as produccións cinamatográficas galegas, así como tamén as figuras históricas femeninas. 

Búscase provocar a reflexión sobre a violencia que a sociedade exerce sobre o colectivo femenino tanto no pasado como no presente. Esta actividade vai acompañada do traballo dunha unidade didáctica nos centro de ensino secundario do municipio no que se traballará o uso da lingua galega cos equipos de normalización lingüística.

Esta proxección contará coa presenza do seu seu director Ignacio Vilar que fará a presentación da mesma. A entrada é de balde ata completar aforo.

A participación dos sete grupos folclóricos do municipio será diferente este ano. 

En colaboración coa Concellería de Cultura os grupos Soalleira como coordinadora xunto a Abiñadoira, Os Gatiños, Lembranzas, Retesías, Airiños da Lanzada e Os Cruceiros percorrerán nun vídeo homenaxe a Xela Arias lugares emblemáticos das sete parroquias de Sanxenxo.

O vídeo vaise a colgar nas redes sociais municipais para que os veciños poidan velo o día das Letras Galegas.

O grupo de música local "Onte e hoxe" pecharán a programación cun concerto vía streaming que se emitirá polo Facebook do Concello e en Youtube. O grupo estará acompañado por Francisco Alonso (director da Editorial Xerais), Luis Iglesias (actor), Carlos Yus (Migallas Teatro) e Mariña Area (estudante de Filoloxía Galega). O acto estará conducido pola presentadora Fátima Pego.