Os segredos da Illa das Esculturas, ao descuberto

Pontevedra
27 de xuño 2026

Unha visita guiada á Illa das Esculturas puxo o broche final este sábado a tres intensas xornadas dedicadas á reflexión sobre a arte e o espazo público

Peche do Simposio Arte + Espacio Público na Illa das Esculturas UNED Pontevedra

O I Simposio Arte + Espazo Público, organizado pola UNED Pontevedra no marco da 32ª Bienal de Arte de Pontevedra, chegou este sábado ao seu fin cunha xornada especial.

Un reducido grupo de persoas puido coñecer de primeira man os segredos que esconde a Illa das Esculturas.

Unha actividade ideada como broche a tres intensas xornadas dedicadas á reflexión sobre a relación entre a arte e o espazo público.

A visita a un dos conxuntos de arte contemporánea ao aire libre máis relevantes do estado estivo guiada por Antón Castro, comisario e impulsor da Illa das Esculturas, e por Agar Ledo Arias, coordinadora xeral da Bienal de Arte de Pontevedra.

Ambos os dous compartiron cos asistentes a historia, o proceso de creación e o significado deste espazo artístico.

"Non se trata só de percorrer un espazo extraordinario, senón de comprender o seu significado, o diálogo entre as obras e a paisaxe e a importancia cultural que tivo para Pontevedra", afirma o coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED Pontevedra, Rafael Cotelo Pazos

Con esta xornada de campo, a UNED Pontevedra clausura un simposio que reuniu durante tres días artistas, comisarios, xestores culturais e investigadores nacionais e internacionais.

Un espazo no que se debateu sobre o presente e a futuro da arte no espazo público, reforzando o compromiso da institución coa difusión da cultura.