Segunda e última xornada dun exitoso 15 Bolos

Pontevedra
20 de xullo 2017

Seis bandas locais subiron ao escenario instalado na Praza do Teucro para botar o peche a unha nova edición dos 15 Bolos, iniciativa que busca promocionar a nova escena musical pontevedresa

Segunda xornada dos 15 Bolos na Praza do Teucro
Segunda xornada dos 15 Bolos na Praza do Teucro / Diego Torrado

Por segunda xornada consecutiva a Praza do Teucro viviu un gran ambiente no peche dunha nova edición dos 15 Bolos.

Seis bandas locais subiron ao escenario instalado na praza para repasar ante o público asistente os seus temas e darse a coñecer, obxectivo final deste inicitiva, que busca promocional á nova escena musical pontevedresa.

Os grupos partipantes este mércores nos 15 Birlos foron: Onion Smile, Nasty Loopers, Australia, Black Dog, Nagai, Bohr e The Trunks.

Un dos gañadores do Fest do Local de Música, os Solfabirras, protagonizarán o último 'bolo' do verán poñendo fin ao proxecto durante as Festas da Peregrina, onde telonearán ao grupo Mago de Oz.