Sés presenta con éxito en Pontevedra o seu novo traballo, 'Tronzar os valos'

Pontevedra
25 de abril 2015

María Xosé Silvar, ou o que é o mesmo Sés, protagonizou este venres un animado concerto no Teatro Principal de Pontevedra

Concerto de Sés no Teatro Principal de Pontevedra
Concerto de Sés no Teatro Principal de Pontevedra / Daniel Santomé

María Xosé Silvar, ou o que é o mesmo Sés, protagonizou este venres un animado concerto no Teatro Principal de Pontevedra.

A artista galega presentou na cidade de Lérez o seu último traballo discográfico, Tronzar os valos, nunha mestura de cancións con influencias do rock, blues e sons latinoamericanos.

Non faltaron a sinceridade das súas mensaxes ou a súa bravura no escenario para completar un concerto formulado con proximidade cara ao público.

Tronzar os valos é o terceiro traballo de estudo da coruñesa tras Admirando a condición e Co xenio destrozado.

Á banda habitual de Sés uníronse ademais colaboradores habituais para facer do concerto unha cita un pouco máis especial.