Sés presentará o 4 de abril o seu novo disco, "Liberar as arterias", en Pontevedra

Pontevedra
28 de xaneiro 2020

O Pazo da Cultura acollerá un concerto da cantautora coruñesa o próximo 4 de abril, segundo vén de confirmar a súa axencia de comunicación. No seu regreso a Pontevedra, Sés interpretará en directo os temas do seu sétimo disco, un traballo titulado Liberar as arterias

María Xosé Silvar, Sés Mirmidon Comunicación

Non hai disco que Sés non presente en Pontevedra. A conexión da artista galega co público pontevedrés é total e, unha vez máis, volverá a quedar demostrado moi pronto.

O Pazo da Cultura acollerá un concerto da cantautora coruñesa o próximo 4 de abril, segundo vén de confirmar a súa axencia de comunicación.

No seu regreso a Pontevedra, Sés interpretará en directo os temas do seu sétimo disco, un traballo titulado Liberar as arterias.

É un disco con letras e músicas compostas por ela, co que mantén e potencia a súa valente mensaxe e no que percorre América de norte a sur, todo filtrado pola súa alma de cantareira. 

Sés é, sen dúbida, unha das artistas de maior éxito en Galicia polo seu carisma e discurso, así como pola forza e calidade das súas cancións, que de novo volverán a soar en Pontevedra en todo o seu esplendor.