Sesións vermú para que Caldas sexa a "primeira parada" cara ao PortAmérica

Umia
04 de xullo 2025

As actuacións musicais serán de carácter rotatorio, en diferentes puntos do núcleo de Caldas de Reis, en horario de 12.00 a 16.00 horas

Jacobo Pérez e Jesús Fariña, presidente dos hostaleiros de Caldas Concello de Caldas de Reis

A hostelería de Caldas de Reis, en colaboración co Concello, quere aproveitar esta fin de semana o tirón do festival PortAmérica, que se celebra no municipio veciño de Portas.

Así, entre este venres e o domingo, organizaranse varias sesións vermús en diferentes lugares do centro, en horario de 12:00 a 16:00 horas.

Serán actuacións musicais que se irán celebrando de xeito rotatorio, segundo explicaron o alcalde, Jacobo Pérez, e o presidente da Asociación de Hostalería de Caldas, Jesús Fariña.

"O que facemos é ofrecer unha fórmula de lecer que se complementa á perfección con este evento, que é un dos festivais de música máis importantes de Galicia e que atrae á nosa comarca a milleiros de visitantes", sinalou Pérez.

Tendo en conta que os concertos do PortAmérica comezan xa vén avanzada a tarde, estas sesións vermú facilitan que Caldas de Reis se poida converter na "primeira parada" para as persoas que acoden ao festival, destacaron.

Ademais, buscan converterse tamén unha alternativa de lecer para toda a veciñanza e para os turistas que estes días gozan das súas vacacións na vila termal.

"É unha oportunidade única para poder coñecer o noso municipio e gozar da súa gastronomía", sinalaron tanto o alcalde como Jacobo Pérez

Ambos expresaron a súa confianza en que esta proposta poida consolidarse co tempo.