A programación do ciclo Directos Vibra Mahou volve incluír a Pontevedra. Dúas bandas da escena independente española, Shinova e Sienna, serán as que actúen na Sala Karma ao longo do próximo mes de marzo.
O concerto de Shinova está previsto para o venres 18 e o de Sienna, para o xoves 24, segundo confirmaron os seus organizadores. Ambos serán ás nove da noite.
Os primeiros chegarán a Pontevedra no marco da xira de presentación de La buena suerte, o seu último disco de estudo. O seu rock alternativo é o que define a esta banda vasca que, en tempo récord situouse como unha das referencias da música española.
Sienna, pola súa banda, é o alter-ego de Alex Ruíz, un novo compositor valenciano, que aposta por sons tan diferentes que van desde os boleiros ao música disco. No seu caso, con dous discos no mercado, defíneno tres palabras: sensibilidade, talento e poesía.
As entradas para ambos os concertos están á venda desde este xoves.