Sidecars asalta a Praza de España no penúltimo gran concerto das festas

Pontevedra
19 de agosto 2018

A formación madrileña, que actuou o pasado mes de abril en Karma, deu todo un salto uns meses despois para facerse co público que enchía a Praza de España no penúltimo gran concerto da Peregrina, apenas a uns metros de distancia da coqueta sala ponntevedresa

Concerto de Sidecars na Praza de España Diego Torrado

Hai apenas uns meses Sidecars era protagonista en Karma, e en pouco tempo deron o salto cara a un masivo concerto nas Festas da Peregrina.

A só uns metros da coqueta sala pontevedresa, a formación madrileña subiu ao escenario da Praza de España para tentar levar a súa proposta rock ao gran público que enchía o lugar.

E vaia se o conseguiu, cunha notable lexión de fans Sidecars fixo repaso da súa carreira musical e presentou o seu último traballo, Cuestión de Gravedad.

Tras esta cita, só queda que Mocedades e a Banda de Música de Salcedo poñan o broche final este domingo á programación musical da Peregrina 2018.