Sons da Terra Calda é unha nova actividade organizada pola Asociación Cultural Terra Calda, xunto coa Asociación Cultural Campaneiros de Galicia.
Se celebrará en Caldas de Reis ao longo de tres xornadas.
A iniciativa, aberta e gratuíta, persegue divulgar a importancia do toque manual das campás, coas súas distintas modalidades, recoñecido pola UNESCO como patrimonio inmaterial.
Colabora con esta actividade o Concello de Caldas de Reis, a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Igrexa Parroquial de Santo Tomé.
O venres 22, ás 20:30 horas, haberá unha demostración dos diferentes toques de campás nas Palmeiras.
Para o sábado 23, no Auditorio Municipal, está programada a conferencia e proxección dun documental sobre a fundición artesanal das campás a cargo da familia Ocampo en Arcos da Condesa.
O acto contará coa presenza de Enrique López Ocampo; a charla será dirixida por José Andrés Barreiro Garrido, presidente de Campaneiros de Galicia.
E para o domingo 24, ás 13:00 horas, organizouse un taller de toques de campás na igrexa de Santo Tomé, seguido dunha degustación gastronómica gratuíta de "Galicia sabe a mar".