Sons de Ánkar adiántase a abril con Tanxugueiras como cabeza de cartel

Poio
08 de marzo 2023

O trío de pandereteiras máis famoso do país, as Tanxugueiras, encabezarán o cartel da próxima edición de Sons de Ánkar, un festival que cambia de formato e estreará novas datas. En vez de celebrarse a principios do verán adiantarase á primavera

Acto para celebrar que quedan 200 días para que Pontevedra acolla a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón
Acto para celebrar que quedan 200 días para que Pontevedra acolla a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón

O trío de pandereteiras máis famoso do país, as Tanxugueiras, encabezarán o cartel da próxima edición de Sons de Ánkar, un festival que cambia de formato e estreará novas datas. En vez de celebrarse a principios do verán adiantarase á primavera.

Así, Tanxugueiras actuarán en Poio o sábado 29 de abril, segundo anunciou este mércores o responsable da área municipal de Festexos, Xosé Luís Martínez.

Non estarán soas sobre o escenario. O Concello avanza que, en próximas semanas, darase a coñecer o resto das actuacións dun festival que manterá o seu carácter gratuíto.

"Entendemos que esta proposta, nas datas nas que se realiza, supón un pulo para a actividade económica do municipio", subliña o edil nacionalista, que está convencido que este grupo espertará unha grande expectación co seu concerto.

Tanxugueiras veñen ademais de actuar con grande éxito na cerimonia celebrada en Pontevedra para conmemorar a conta atrás para a celebración en setembro da gran final das Series Mundiais de tríatlon.