A soprano Bonnie Cooper e os seus alumnos renderán homenaxe a Händel na UNED Pontevedra

Pontevedra
20 de febreiro 2025
Actualizado: 14:53

A actuación, aberta ao público en xeral, terá lugar no salón de actos do centro asociado da UNED en Monte Porreiro este venres 21 de febreiro ás 20:30 horas

Soprano Bonnie Cooper
Soprano Bonnie Cooper / UNED Pontevedra

O centro asociado da UNED en Pontevedra renderá unha homenaxe a Händel cun concerto protagonizado pola soprano Bonnie Cooper e varios dos seus alumnos.

A actuación está prevista para este venres 21 de febreiro ás 20:30 horas no salón de actos do centro en Monte Porreiro. Está aberta ao público en xeral.

A soprano Bonnie Cooper interpretará as pezas do compositor alemán, logo nacionalizado británico, 'Agrippina: Bel Piacere' e 'Joshua-Ou had I Jubal´s Lyre'.

Os alumnos que subirán ao escenario serán Samuel Serrano, Elena Corbillón, Alissa Aguiar, Carolina López, Pablo Corbillón, Paula Gay Batista, María Trabazo, Sara Fernández e María Natalia Rivas Gómez. Eles interpretarán as obras máis coñecidas do compositor barroco.

Georg Friedrich Händel​ está considerado unha das figuras cume da historia da música, especialmente a barroca, e un dos máis influentes compositores da música occidental e universal.

Na historia da música, é o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocado a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, no canto dos da nobreza e dos mecenas, como era habitual.

Considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell,​ marcou toda unha era na música inglesa. Para varios expertos é o primeiro gran mestre da música baseada na técnica da homofonía e o máis grande dentro do ámbito dos xéneros da ópera seria italiana6​ e para algúns até no oratorio, por diante de Johann Sebastian Bach.

O seu legado musical, síntese dos estilos alemán, italiano, francés e inglés da primeira metade do século XVIII, inclúe obras en practicamente todos os xéneros da súa época, 42 óperas, 24 oratorios (entre eles 'O Mesías') e un legado coral.