Surfing the Lérez, nomeado como mellor festival aos Premios Galegos da Música

Pontevedra
06 de abril 2017

O festival Surfing the Lérez opta ao seu primeiro gran recoñecemento. É un dos eventos que opta a converterse no mellor festival do ano na cuarta edición dos Premios Galegos da Música, que se entregarán o próximo 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra

Nomeados á cuarta edición dos Premios Galegos da Música
Nomeados á cuarta edición dos Premios Galegos da Música / Premios Galegos da Música

O festival Surfing the Lérez opta ao seu primeiro gran recoñecemento. É un dos eventos que opta a converterse no mellor festival do ano na cuarta edición dos Premios Galegos da Música, que se entregarán o próximo 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Os seus rivais serán o Nigranjazz e o Festival de Pardiñas, segundo se desvelou tras unha festa celebrada este xoves en Cambados.

Como vén sendo habitual, a Illa das Esculturas será o escenario no que se celebre, xa o 17 de xuño, a sétima edición do Surfing the Lérez. Ata o de agora, xa se confirmaron as actuacións de Pájaro, Os Amigos dos Músicos, Glitter&Litter, Bala, Dois e Los Vinagres

Ademais, o marinense Davide Salvado tamén volve a optar a este premio, dous anos despois de gañalo. Será na categoría de música tradicional galega, onde comparte quenda con Tanxugueiras e Xosé Lois Romero e Aliboria.

Os nomeados do resto de categorías son:

  • Pop e indie: Os Amigos dos Músicos / Berlai / Xoel López
  • Rock: Brais Morán / The Soul Jacket / Agoraphobia
  • Jazz e músicas improvisadas: Iago Fernández / Alberto Vilas / Miguel Lamas Quartet
  • Hip hop e músicas urbanas: Maladrómeda / García Mc / Wöyza
  • Clásica e contemporánea: Alberto Vilas / Roberto Oliveira / Alejo Amoedo
  • Folk: Cuarteto Caramuxo / Vaamonde, Lamas e Romero / Os d’Abaixo
  • Músicas do mundo: Uxía / Tangata / Talabarte
  • Música infantil: María Fumaça – Aire! / A Gramola Gominola / Pesdelán
  • Música electrónica: Malvares de Moscoso e J.CNNR / 2Pas0s / Pálida
  • Metal: Aphonnic / Tälesien / Raiba
  • Reggae, ska e mestizaxe: Dakidarria / O Sonoro Maxín / Bush Doctors
  • Orquestras e música de verbena: Los Satélites / Poceiro Big Band / Áureas en Voga
  • Blues, funk e soul: Carmen Rey / VooDoo / The Lakazans
  • Canción de autor: Sonia Lebedynski / Tatán Chapeu / Xoán Curiel
  • Coros e grupos vocais: Encaixe / Sisters in the House / Ejazz
  • Salas: A Pousada das Ánimas / Sala Mardi Gras / Garufa Club
  • Espazos de comunicación musical: ZigZag-TVG / Gzmúsica / Onda Vital-Radio Galega

 

Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios das asociación Músicos Ao Vivo mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos. Agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, o que decidirá os proxectos premiados en cada unha das categorías.