Suspendido o espectáculo 'Molto Barroco' programado nos Domingos do Principal

Pontevedra
08 de novembro 2025
Actualizado: 13:23

A comedia musical da compañía galega Píscore tivo que ser cancelada debido a problemas da saúde dun membro do elenco

"Molto Barroco", de Píscore Teatro
"Molto Barroco", de Píscore Teatro / Píscore Teatro

A comedia musical 'Molto Barroco' da compañía galega Píscore tivo que ser cancelada debido a problemas da saúde dun membro do elenco

O espectáculo estaba programado para este domingo 9 ás 12.00 e 18.30 horas dentro dos Domingos do Principal.

Desde o Concello de Pontevedra tratarán de reprogramar esta proposta nun futuro.

A plataforma de venda Ataquilla.com contactará coas persoas que teñan comprado entradas para informalas e efectuará o reembolso do importe correspondente nos próximos días

Molto Barroco é unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o rei encarga ao compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre os tres músicos de cámara, o rei, a súa prometida e, se cadra, futura raíña e o compositor. Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun bufón de actitude irreverente.

Espectáculo chegou a ser seleccionado para o certame Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2024.