Tanxugueiras e La Pegatina súmanse ao cartel do Revenidas 2022

O Salnés
18 de febreiro 2022

O festival das Linguas de Vilaxoán tamén incorpora a Laura Lamontagne & Picoamperio, Talco, Moscow Death Brigade e Suu, que se suman aos xa anunciados Baiuca, Dubioza Kolektiv, SFDK, Zoo, Ladilla Rusa e Lendakaris Muertos

La Pegatina
La Pegatina / Revenidas - PWalter

Tanxugueiras e La Pegatina tamén formarán parte do cartel do Revenidas 2022.

O trío de pandereteiras, que xa actuou en Vilaxoán na edición de 2021, repite cita para presentar o seu novo disco, unha proposta de mestura de música tradicional con sons electrónicos e urbanos. Outros que regresan a Vilaxoán son La Pegatina, que presentarán o seu décimo traballo.

Ademais destes dous grupos, tamén se suman ao cartel do Revenidas 2022 a galega Laura Lamontagne & Picoamperio, los italianos Talco, los rusos Moscow  Death Brigade e a catalá Suu.

Estes artistas súmanse aos grupos do cartel do Revenidas 2022 que xa foran anunciados previamente, como Baiuca, Dubioza Kolektiv, SFDK, Ladilla Rusa, Lendakaris Muertos e Zoo.

Nos vindeiros meses o Revenidas irá dando a coñecer o resto dos nomes dos grupos e das actividades que conformarán o festival no 2022. 

A venda de abonos para o festival Revenidas 2022 poderán adquirirse dende a web (www.revenidas.com) ou dende as redes sociais do festival a un prezo de 46 euros (máis gastos de xestión). Tamén se ofrece a posibilidade de reservar espazo na zona de acampada e de facer unha carga previa da pulseira cashless.

As persoas que dispoñan do Carne Xove da Xunta de Galicia poderán mercar o abono cun 15% de desconto, utilizando o código CARNEXOVEFESTIVAL na tiqueteira dixital. Despois deberán presentar o Carné Xove na entrada do festival.