O festival SonRías Baixas continúa afianzándose como unha cita referente no calendario festivalero. Este 2025, na súa edición número vinte e dous, bateu todas as marcas de asistencia, conseguindo as estatísticas máis remarcables de toda a súa historia.
Este ano o festival sumou unha cuarta xornada, o domingo. Durante o catro días, o recinto das Lagoas estivo completo e reuniu a máis de 33.000 asistentes.
Segundo os cálculos da organización, xerou un impacto económico de 3,1 millóns de euros.
O crecemento que está a experimentar o festival ten impacto directo no tecido turístico e hostaleiro e, ademais, xerou preto de 1.000 empregos directos.

A vocación intergeneracional de SonRías Baixas quedou un ano máis patente, reunindo a público de todas as idades, que continua sendo moi nova (rexistráronse máis de 870 menores, 450 deles menores de 12 anos, un 6,6%) e cunha porcentaxe de asistencia dun 60% de mulleres e 40% masculino.
Sorrías Baixas 2025 foi tamén a edición máis completa do festival musicalmente falando. A organización destaca o traballo realizado á hora de contar con grupos e proxectos de primeira liña liderados ou que contan con mulleres entre as súas filas, como Judeline, Cariño, shego, Delaporte, Sabela, Nena Daconte, Marlena, Nena Polaca ou Pipiolas.
O cuarto día, este domingo, a traca final tivo como principal atractivo a un dos artistas máis importantes da escena musical actual, Dani Fernández, que presentou o seu último disco, La Jauría.
La Raíz, Carolina Durante e Dani Fernández ofreceron os concertos máis multitudinario da edición.