O auditorio de Ribadumia acollerá este sábado, 11 de xullo, ás 20:00 horas, a quinta edición do Festival de Bandas de Música do municipio.
O salón de plenos do Concello acolleu este martes a presentación oficial desta cita, organizada pola Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia en colaboración coa administración local.
O acceso ao recinto para presenciar as actuacións será gratuíto ata completar a capacidade do recinto.
O encontro promove a música instrumental destas formacións e establece un espazo de intercambio entre diferentes colectivos asociativos de Galicia.
O programa deste ano inclúe os concertos de tres formacións: a Banda de Música de Arca; a Banda de Música Municipal de Agolada; e a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia.
Cada unha das bandas interpretará un repertorio propio deseñado para o certame.
Durante o acto de presentación, no que participaron o alcalde, David Castro, xunto con membros do goberno local e representantes da agrupación organizadora, transmitiuse un agradecemento público ao mozo do municipio Mateo Varela Sineiro, quen realizou o deseño do cartel.