Un concerto singular para os máis cativos

Pontevedra
18 de febreiro 2018

Un 'Concerto singular' inclúese na programación de teatro infantil de Domingos do Principal. Nesta obra catro actores organízanse para tocar unha marimba con 16 baquetas

Obra de teatro: 'Concerto singular', de Píscore
Obra de teatro: 'Concerto singular', de Píscore / Diego Torrado

A música e o humor convertíronse en protagonistas dun novo espectáculo do ciclo de teatro infantil 'Domingos do Principal' durante as dúas sesións desta xornada no Teatro Principal.

A obra 'Concerto singular' de Piscore, recomendada para menores a partir de 4 anos, céntrase nas dificultades que atopan catro músicos para, cunha soa marimba e 16 baquetas, poder ofrecer un concerto. Ao longo dunha hora, os artistas realizan probas divertidas para poder sacar o mellro son ao instrumento.

Os 'Domingos do Principal' continuarán o domingo 25 con 'Me llamo Suleiman', unha obra da compañía canaria Unahoramenos que conta a historia dun adolescente que viaxa desde África ata as Illas Canarias.

As entradas poden adquirirse ao prezo de 4 euros máis gastos en Ticketea e, en caso de non esgotarse, dúas horas antes de cada pase na billeteira do Teatro Principal.