Todos temos poderes ocultos. Todos gardamos algún enigma. Todos levamos dentro un superheroe.
Os Domingos do Principal acolleron unha historia inspirada no mundo da banda deseñada na que todo é acción.
Un electricista transformado no malvado, un rapaz nun superheroe, a loita por defender a luz do planeta.
Superheroe é a proposta do grupo El perro azul, de A Rioxa, que foi merecedora do Premio FETEN 2015 á Composición de Personaxes e tamén do Premio Mellor Actor Festival Noctivagos 2015, Oropesa (Toledo).
Un espectáculo de máscaras e monicreques no que un so actor dá vida a cinco personaxes diferentes.