Unha exposición 'marida' obras de oito pintores con adegas galegas e portuguesas

Pontevedra
09 de abril 2017

A sala de exposicións da Escola de Restauración, situada na facultade de Belas Artes de Pontevedra, acolle ata o próximo 23 de abril unha curiosa exposición. A mostra, baixo o título Camiños: O Camiño, A Arte, O Viño, ofrece unha maridaxe entre a obra de oito pintores e as fotografías de adegas portuguesas e galegas

Inauguración da exposición "Camiños: O Camiño, A Arte, O Viño" Fundación Amigos do Camiño Portugués

A sala de exposicións da Escola de Restauración, situada na facultade de Belas Artes de Pontevedra, acolle ata o próximo 23 de abril unha curiosa exposición.

A mostra, baixo o título Camiños: O Camiño, A Arte, O Viño, ofrece unha maridaxe entre a obra de oito pintores e as fotografías de adegas portuguesas e galegas.

Nela participan os pintores Álex Vázquez, J.M. Berreiro, Puri del Palacio, Luz Lafuente, Kuki Pazos, Mario Rocha, Amelia Palacios e Paco Sánchez-Ulloa.

Os seus cadros comparten protagonismo coas fotografías de Xulio Gil e as adegas portuguesas Peixoto Rodrigues, Casa da Reina, Campelo e Buganvilía e as galegas Martin Codax, Pedralonga, Moraima, Eidos e Gran Vinum.

A mostra foi inaugurada coa presenza dos alcaldes de Pontevedra, Vilanova de Arousa e Barro, o presidente da Fundación Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores, e un representante da Asociación Espazo Xacobeo de Portugal.