O grupo musical pontevedrés La Casa de los Ingleses fan unha versión a canción de Juan e Junior de 1968 'Anduriña'. Esta cover estará dispoñible o 15 de febreiro en todas as plataformas dixitais.
O grupo pontevedrés leva inactivo desde 2018 e presenta esta nova canción para o proxecto Puro Deleite. Con todo, non só lanzarán unha canción xa que a banda proximamente anunciará máis cancións e datas de concertos.
A nova versión está traducida ao galego, ademais de que conta con potentes coros e guitarras, que evocan ó son de The Byrds na súa época máis psicodélica. Esta canción foi gravada no verán de 2022 en Estudos Mans e foi producida por La Casa de los Ingleses e por Juan Hernández de Ronettstudio. Ademais Hernández tamén foi quen realizou a mestura da melodía.
Familia Caamagno, Ale ou Verto son outras bandas que participarán no proxecto Puro Deleite que busca mesturar os diferentes talentos do panorama musical galego co obxectivo de render homenaxe a artistas representativos de Galicia como Ana Kiro, Juan Pardo ou Siniestro Total.