A artista malagueña Vanesa Martín presentou este sábado en Pontevedra o seu último traballo de estudo, "Placeres y pecados", nunha Praza de España abarrotada.
Era a primeira vez que a cantautora daba un concerto na Boa Vila e o público non defraudou, acompañándoa en temas do novo disco como "Cuando no estabas" ou "Quién lo diría", e nos de traballos anteriores como "La Piel", "9 días" ou "Complicidad".
Antes, ás 21:00 horas na Praza da Ferrería celebrouse o concerto de corais coa Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bella Helenes, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campañó e a Coral Pontis Veteris.
As Festas da Peregrina continuarán este domingo co concerto de Chroma na Ferrería (21:00 horas) e co concerto de Rayden na Praza de España (22:30 horas), encargado de substituír a Pimpinela para pechar a semana festiva.