Este sábado 600 persoas gozaron novamente da música ao vivo. Foi da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e de seguido, Guadi Galego.
Ambos presentaron os seus discos en Pontevedra neste concerto especial que aunou as actuacións plantexadas por separado dentro dos ciclos As Matinés do Principal e Voices, respectivamente.
A acollida desta iniciativa promovida polo Pazo da Cultura e o Concello de Pontevedra da man da produtora I-radia Crea non puido ser mellor xa que esgotaron as 600 localidades a disposición do público (un aforo reducido por mor da situación actual).
Para facilitar a acomodación das mesmas de xeito escalonado e o cumprimento de todos os protocolos e medidas de seguridade necesarias, a apertura de portas tivo lugar dúas horas antes do inicio do espectáculo musical, ás 18:00 horas.