Visitas guiadas, sesión vermú ou concertos acústicos, actividades paralelas do Festival do Norte

O Salnés
07 de maio 2013

Queda apenas unha semana para que arranque o Festival do Norte. E despois de coñecer o nome os grupos que actuarán durante os dous días de concertos, venres 17 e sábado 18 de maio, os seus organizadores desvelaron as actividades paralelas que programaron para converter este evento nun festival máis universal

Cartel definitivo do Festival do Norte 2013
Cartel definitivo do Festival do Norte 2013 / Festival do Norte

Queda apenas unha semana para que arranque o Festival do Norte. E despois de coñecer o nome os grupos que actuarán durante os dous días de concertos, venres 17 e sábado 18 de maio, os seus organizadores desvelaron as actividades paralelas que programaron para converter este evento nun festival máis universal.

A primeira delas é Busca o teu norte na música, destinada principalmente principal aos estudantes dos centros educativos de Vilagarcía. Celebrarase o xoves 16 de maio no Pavillón Multiusos de Fexdega. Ten como obxectivo achegar aos mozos as posibilidades e potencialidades da promoción e a xestión musical e cultural como oportunidade para a dinamización e desenvolvemento local, así como a creación de emprego.

Dinámica do evento:

  • 11:30 horas. Recepción de asistentes.
  • 11:45 horas. Presentación e benvida.
  • 11:50 horas. Inicio sesión disco-forum: Entrevista a artista invitado Miqui Puig en sesión disco-forum. A entrevista intercalará a escoita de cancións obxecto da sesión disco-forum.
  • 12:35 horas. Quenda de preguntas abertas ao público asistente: Unha vez finalizada a quenda de preguntas procederase a realizar unha visita guiada polas instalacións do Festival.
  • 13:15 horas. Peche xornada.

Pero a gran novidade deste Festival do Norte é a sesión vermú programada para a mañá do sábado. "Queremos facer do Festival do Norte un lugar a donde poida asistir toda a familia, queremos que traias aos teus fillos, aos teus irmáns... e por iso organizamos a sesión vermú de portas abertas, para que podamos comer todos xuntos o sábado na explanada dianteira de Fexdega", sinalan os seus organizadores.

A partir das doce da mañá celebrarase unha sesión de DJ's cunha selección de temas exclusivos para esta sesión de Rober Bodegas, Alberto Casado e Carlos Crespo, e posteriormente un concerto acústico dun dos artistas que actuará no Festival, Tortel. As portas da sesión vermú estarán abertas a todo o que queira asistir e haberá degustacións gastronómicas e bebidas a prezos populares.