Xa está aquí o Culturgal: Así será o primeiro día da feira

Pontevedra
04 de decembro 2014

Todo está preparado para que, a partir deste venres, unhas 15.000 persoas -segundo as estimacións previas dos seus organizadores- participen na sétima edición de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais. Abrirá as súas portas ás 11.00 horas no Recinto Feiral de Pontevedra e ofrecerá, durante os seus tres días, case 140 actividades e 64 expositores de 70 empresas, colectivos culturais e entidades públicas

Público asistente á segunda xornada de Culturgal 2013
Público asistente á segunda xornada de Culturgal 2013 / Diego Torrado

Todo está preparado para que, a partir deste venres, unhas 15.000 persoas -segundo as estimacións previas dos seus organizadores- participen na sétima edición de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais. Abrirá as súas portas ás 11.00 horas no Recinto Feiral de Pontevedra e ofrecerá, durante os seus tres días, case 140 actividades e 64 expositores de 70 empresas, colectivos culturais e entidades públicas.

A súa inauguración oficial será ás 12.30 horas e nela participarán entre outros o conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; ou o presidente de Culturgal, Manuel Bragado.

A programación deste primeiro día da feira é a seguinte:

ESPAZO INFANTIL

  • 11.30 horas: Encontro con Anxo Fariña, autor e ilustrador de Os Megatoxos
  • 12.30 horas: Presentación de Un artista na aula
  • 18.30 horas: Os monicreques da merenda
  • 19.30 horas: O murmurio do mar
  • 20.30 horas: Presentación do libro disco Gatuxo de Magín Blanco. 

 

ESPAZO FORO

  • 11.30 horas: Kaleid@labs
  • 12.30 horas: Encontro con Pere Tobaruela, autor, e Andrés Mexide, ilustrador, da serie Formig4s.
  • 15.00 horas: Emisión en directo do Diario Culturgal da Radio Galega
  • 18.00 horas: Espello máxico de Imaxin Software
  • 18.30 horas: Presentación do disco de Factoría de subsistencia
  • 19.00 horas: Presentación punto.Gal
  • 19.45 horas: 11 caligramas fundamentais de Uxío Novoneyra
  • 20.30 horas: Presentación da revista dixital de humor O Botafumeiro

 

ESPAZO CARPA

  • 12.00 horas: A casa do avó de Tanxarina Títeres
  • 17.30 horas: Tempo catro. As cores porteñas
  • 18.30 horas: Cancións faladas do Colectivo A Claque
  • 19.30 horas: Concerto de Pepe Solla + Yago Carreño
  • 20.30 horas: Maghua Cantareiros, unha proposta de Inquedanzas Sonoras

 

ESPAZO LIBRO

  • 11.30 horas: Entrega do premio Meiga Moira a Andrea MaceirasLafuente por Miña querida Sherezade
  • 17.00 horas: Ophiusa. O xogo de cartas do Reino de Galiza, Contos Estraños: Segunda Era, As aventuras de Margaret White
  • 18.00 horas: Nove e a cociña galega
  • 18.30 horas: Terras de Rosendo
  • 19.00 horas: Conversa con Francisco Castro, Manuel Núñez Singala e Antón Dobao
  • 20.00 horas: Conversa con Fran Alonso e Xurxo Souto

 

SALÿN DE ACTOS

  • 19.30 horas: Proxección de A esmorga, de Ignacio Vilar

 

Ademais, poderán visitarse xa dúas exposicións: Do papel ao xesto. Libros de artistas e outras diverxencias y Bravú XX. Tanta paixón, quen poderá detela!, presentadas hai unhas semanas; e haberá un espazo específico para desenvolver unha programación dirixida a bebés de 0 a 3 anos, onde haberá zonas especiais habilitadas para facilitar ás familias a atención dos seus pequenos.

Será o primeiro ano no que a entrada a Culturgal sexa de pagamento. Terá un prezo de dous euros (adultos) e un euro (nenos ata 12 anos). Haberá un "guiño especial", segundo o director da feira, Xosé Aldea, aos pontevedreses que poderán adquirir un bono que lles permitirá entrar os tres días por tres euros e dous euros, respectivamente.