Xabier Díaz presenta este sábado en Pontevedra o seu novo disco en solitario, 'Levantarse e caer'

Pontevedra
26 de maio 2022

Pontevedra será unha das cidades elixidas por Xabier Díaz para despezar o seu último traballo, un proxecto en solitario despois de que a súa colaboración con Adufeiras de Salitre o levara a escenarios de toda Galicia e España. Será este sábado 28 de maio no auditorio Sede Afundación de Pontevedra ás 20.00 horas. As entradas están á venda

Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre na Praza de España

Pontevedra será nos próximos días unha das cidades elixidas por Xabier Díaz para despezar o seu último traballo, 'Levantarse e caer', un proxecto en solitario despois de que a súa colaboración con Adufeiras de Salitre o levara a escenarios de toda Galicia e España

'Levantarse e Caer' está a ter unha pequena xira de presentación que este sábado 28 de maio ten parada no auditorio Sede Afundación de Pontevedra ás 20.00 horas. As entradas están á venda na web de Ataquilla.

O proxecto discográfico, recolle 10 temas que navegan entre o son tradicional galego, a música melódica e os arrolos.

O primeiro single do disco, 'Levantarse e Caer', viu a luz o pasado mes de marzo e pasaba inmediatamente a coarse entre os temas en galego máis escoitados en todas as plataformas. Tras el chegou 'María e a  Curuxa', un arrolo de patrón suave e doce, que permite atisbar un pouco máis o particular universo de Díaz. 

'Levantarse e Caer' é un traballo honesto no que Xabier Díaz explora os recordos da infancia, a perspectiva adulta do éxito e a necesidade de querer e querernos máis e mellor como unha forma de sandar as feridas e construír unha realidade máis amable.

O artista fai neste traballo unha reflexión sobre a necesidade de cambiar o paradigma do éxito e a construción dunha sociedade individual e  colectivamente máis xusta e solidaria.