1.200 quilos de solidariedade na Pontevedra 4 Picos

Pontevedra
26 de abril 2017

A organización da Pontevedra 4 Picos Bike & Trail doou ao Banco de Alimentos a froita, chocolate, iogures e bolería achegados polos patrocinadores da proba e que non foron consumidos polos participantes

Doazón da Pontrevedra 4 Picos ao Banco de Alimentos
Doazón da Pontrevedra 4 Picos ao Banco de Alimentos

A terceira edición da Pontevedra 4 Picos Bike & Trail, organizada a pasada fin de semana na cidade, tivo un impacto non só deportivo, senón tamén social ao decidir colaborar co Banco de Alimentos.

A organización da proba fixo entrega de ao redor de 1.200 quilos de alimentos. Trátase en concreto de froita, chocolate, iogures e bolería que os patrocinadores do evento achegaran para o avituallamiento dos participantes. 

Todo o non consumido polos deportistas foi dondao á Fundación Provincial Banco de Alimentos, que atende na provincia a preto de 3.000 persoas en risco de exclusión.

Segundo explica o Banco de Alimentos, a doazón está a ser clasificada polos voluntarios da organización coa intención de comezar a repartila nos próximos días entre os 35 colectivos sociais aos que presta axuda.