O ano 2026 arrinca para Lydia Pérez cun ouro no Grand Prix du France Henri Deglane

Pontevedra
20 de xaneiro 2026

A medalla da pontevedresa foi un do tres metais españois nesta prestixiosa competición, coa que inicia un ano 2026 co foco posto en Mundial, Europeo e Xogos do Mediterráneo

Lydia Pérez, no podio do Grand Prix du France Henri Deglane
Lydia Pérez, no podio do Grand Prix du France Henri Deglane / Federación Galega de Loita

A folla de ruta marcada por Lydia Pérez Touriño para a nova tempada deportiva arrinca cunha alegría.

A deportista pontevedresa logrou o ouro na súa categoría nunha competición que reunía máis de 200 deportistas de primeiro nivel, o Grand Prix du France Henri Deglane de loitas olímpicas.

O torneo tuvio lugar no Salón dos Deportes Charles-Ehrmann, na localidade francesa de Niza, entre o 16 e o 18 de xaneiro.

Tratábase dunha proba máis para Lydia Pérez no seu camiño a tentar clasificar aos Xogos Olímpicos de Los Ángeles nun novo peso, os 57 quilos.

Respaladada polos seus estrenadores, grupo de traballo e médicos, esta decisión supón un esforzo extra na súa preparación ao estar habituada a competir en categorías superiores.

De feito no Grand Prix du France Henri Deglane, Lydia competiu nos 59 quilos, xa que só ten previsto baixar aos 57 quilos esta tempada nos tres grandes obxectivos internacionais, como son Europeo, Mundial e os Xogos do Mediterráneo.

No seu camiño ao ouro en Niza, a deportista do Loita Pontevedra superou nun duelo español a Rosa Molina e posteriormente á checa Mrackova, en ambos os dous combates con vitorias por superioridade técnica.

Xunto ao ouro da pontevedresa conseguiron subir ao podio outras dúas españolas, a propia Rosa Molina cunha medalla de prata e a balear Carla Jaume cun ouro.