O 26 de xullo disputarase a Travesía a nado do Lérez

Pontevedra
10 de xullo 2025
Actualizado: 9:56

Será a 4ª Etapa do Circuito Galego Arzúa-Ulloa DPO de Augas abertas

Presentación da Travesía a Nado do Lérez
Presentación da Travesía a Nado do Lérez /

Este mércores tivo lugar no Concello de Pontevedra a presentación da 4ª Etapa do Circuito Galego Arzúa-Ulloa DPO de Augas abertas.

No acto estiveron presentes Juan Carlos Brión, presidente da Federación galega de Natación (FEGAN); Eva Villaverde, teniente de alcalde do Concello de Pontevedra; Alberto Castro, presidente do Club Natación Galaico e Adolfo Penedo, vicepresidente de CN Galaico.

A Travesía a nado do Lérez será o sábado 26 na ría de Pontevedra, xunto á desembocadura do río, entre a praia fluvial de Monte Porreiro e a Illa das Esculturas.

As distancias serán segundo as categorías.

Será puntuable só para os Federados no Circuito Galego e na Copa de España.

Tamén haberá percorrido na categoría Inclusiva.

Está organizada por CN Galaico e o Concello de Pontevedra coa colaboración de Federación Galega de Natación e Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.